Quantcast
Channel: EASD Antonio Faílde, Ourense » Ilustración
Viewing all articles
Browse latest Browse all 6

Isidro Ferrer

$
0
0

Palestra de ISIDRO FERRER
Venres, 23 de Outubro ás 12:00 pm .
Salón de Actos da EASD Antonio Failde .

É un pracer e un privilexio contar coa presenza de Isidro Ferrer na EASD Antonio Failde, unha das figuras internacionais mais relevantes na gramática obxectual e na creación de universos cotiáns. 
Ilustrador e deseñador, actúa na realidade dun xeito parecido a unha máquina de facer versos. Por unha beira entra o mundo e polo otro sae a poesía.
Co motivo do taller que celebra en Ourense “La Plantación”, achégase á nosa escola para falar do seu método de traballo na actualidade, onde Isidro consegue que os obxectos cotiáns acaden vida propia, e cobren unha nova dimensión.

Nado en Madrid e residente en Huesca, onde ten o seu lugar de traballo, Isidro foi actor teatral antes de creador gráfico.
Tras a súa sinxela imaxe, existe nel unha historia variopinta, deseñador, ilustrador, escritor… con premios de gran prestixio e clientes de primeira liña.
O seu denominador común é contar cousas. E ademáis de ter en conta a mensaxe, tamén coida cómo se realiza e cómo se transmite.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 6

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú